Clases
Que podes facer aquí
Todas as clases están incluídas na cota.
Sala de musculación
Peso libre, máquinas e zona de cardio aberta todo o día.
Adestramento funcional
Sesións de 45 minutos en grupos reducidos.
Ciclo indoor
Bicicletas con medidor de potencia e clases cada hora.
Body pump e tonificación
Traballo de forza con barra, apto para empezar de cero.
Yoga e pilates
Sala insonorizada, con material incluído.
Adestrador persoal
Plan individual e seguimento cada mes.
Cotas
Tarifas sen permanencia
Cota mensual
Acceso libre e todas as clases dirixidas.
34,00 €
Cota trimestral
Tres meses pagados por adiantado.
90,00 €
Mañás
De 7:00 a 15:00, de luns a venres.
26,00 €
Adestrador persoal
Bono de catro sesións individuais.
120,00 €
Prezos con IVE incluído. Vixentes até fin de ano.
Dúbidas
Dúbidas frecuentes
Hai permanencia?
Non. A cota é mensual e podes darte de baixa avisando quince días antes.
As clases están incluídas?
Todas. Non cobramos á parte por ningunha clase dirixida nin por reservar praza.
Podo probar antes de apuntarme?
Si, unha semana completa con acceso a todo. Só necesitamos un documento de identidade.
Hai adestrador na sala?
Sempre hai un adestrador na sala de musculación en horario de apertura.
Que necesito para adestrar?
Roupa deportiva, calzado limpo e unha toalla. Taquilla e candado pómolos nós.